domingo, 17 de noviembre de 2013

Brasil27: Riqueza escondida no lixo


Brasil, en 2012 produciu 64 millóns de toneladas de residuos. A gran maioría deles non foron reciclados podendo causar riscos a saude humada e ó medio ambiente.
Cada ano, Brasil perde 8 billóns de dólares ó enterrar este lixo que podería ser reciclado ou reutilizado.

O 27% dos residuos recaudados comezaron a recibir a destinación correcta grazas os 800 mil colectores e grazas a un sistema de colecta selectiva (presente en 766 municipios brasileños). Isto axuda a diminuir os impactos ambientais e a preservación dos recursos naturais.





A pesar do importante traballo que fan no son valorados. Ó traballar de forma individual dependen de intermediarios. Cada colector representa un pequeno volume deses intermediarios, non teñen ningún poder de negociación é reciben o menos posible polo seu material. Cando forman parte dunha asociación ou coperativa como a de Brasil27, poden engadir volume, o que aumenta o poder de negociación, os ingresos e a súa calidade de vida.
Co fin de defender os colectores creouse Ascampa (Asociación de Colectores y Colectoras de Materiais Reciclables da Rexión, Norte de Palmas )
Está formada por uns 40 recolectores , 12 de eles ademáis da recollida de residuos reciclables, tamén traballan no almacenamento, clasificación e prensado do material. Ademáis diso, a asociación recolle material das escolas e casas do barrio.

O FUTURO
Teñen a intención de ampliar o poder e o área de especialización dos colectores e a creación dunha rede con outras asociacións. Polo tanto, poderán cobrar un precio xusto polos materiais recollidos, aumentalas ventas, defender os dereitos dos colectores e ter acceso ós recursos públicos. 


Sara González Iglesias

1 comentario: