sábado, 7 de diciembre de 2013

DÍA A DÍA

Bos días. Xa son as 8 da mañá e toca erguerse para ir almorzar e chegar puntual á clase. Saímos do almorzo e imos xa de camiño á clase pasando un pouco de frío e mollándonos cando o tempo non axuda, que é moi a miúdo.

Despois das 6 horas de clase, voltamos de camiño á residencia todos os deportivistas xuntos para poder comer en compañía. Ao acabar é hora de descansar un pouco, se non hai traballo; ou poñerse a estudar, cando se require. Máis tarde, ás 5, saio da resi para ir ata Abegondo a adestrar e traballar no ximnasio. Xa, catro horas e media máis tarde e rebentado do esforzo físico, volvo para a resi para cear.

Logo, xa toca preparar todo para o día seguinte ou acabar de estudiar o que non deu tempo antes. Sobre as once  ou as once e media xa é hora de deitarse, despois de reunirnos nunha habitación a falar sobre temas variados de cada día.

Estar vivindo na residencia cun grupo de compañeiros ten momentos moi bos: os descansos, as conversacións, os xogos e o compañeirismo. Tamén hai situacións difíciles como cando estás enfermo e non tes ninguén que mire de ti ou cando estás só porque tes que quedar para xogar un partido e os compañeiros marcharon de fin de semana. Ás veces es feliz por estar independente da familia, pero outras veces bótala en falta.

A cotío así pasan os días, aínda que hai veces que esta regularidade se rompe debido a adestramentos noutras horas nas que non contabamos ou a tratamentos cando temos algunha lesión.

Como todo, ten cousas positivas e outras non tanto.
Este é o meu día a día e espero que siga sendo durante varios anos!! Boas noites.

Enrique Fornos

1 comentario: