jueves, 5 de diciembre de 2013

Tardes de evasión


O título exposto na miña entrada é todo o que sinto ó tocar o piano, un simple instrumento para moitos, pero para mín que o é todo. Dende pequena sempre foi algo que me chamou moito a atención, e aínda que non comezara antes, aquí atópome na actualidade aprendendo a tocalo con moito entusiasmo, e que algún día poida chegar a ser única e especial.


Cae a tarde. Ese son musical que escoito cada día, esa calma que me transmite palabras e que me gustaría poder compartilas contigo. Unha inmensa paz inflúe na miña mente a estas horas. Sinto a música, vexo como me leva a outra dimensión onde todo é benestar. Desaparecen todos os problemas, xorden sons que entusiasman, e recibir unha gota desa melodía é a mellor maneira de chegar ata un estado emocional. 
Endúlzase o meu pensamento!

Cada minuto que transcorre é infinito. Nada nin ninguén consegue irrumpir o acontecido na miña mente, nin o que absorbe o meu espíritu de piano que se escoita ao lonxe. Soa a música, nesta tarde de inverno, quedo perplexa por estas notas que me levan como o mar. Noto como me seduce a melodía, como me transmite esa calma, alivia o meu pensamento. 
Escoito e evádome deste mundo… quero seguir soñando!

1 comentario:

  1. Que emoción e con que palabras tan poéticas o expresas, Laura. Parabéns!
    Lois

    ResponderEliminar