sábado, 11 de enero de 2014

"Wilson Fracasa"

Woodrow Wilson
O relato escrito por Stefan Zweig en "Momentos estelares da humanidade" trata sobre as ideas de Wilson (presidente de Estados Unidos ata 1917) ante a guerra e como os vencedores desta púxeronse na súa contra.

Wilson rexeitaba a guerra, pola contra defendeu unha nova organización no mundo coa que os gobernados estivesen de acordo. Pensado que sería a última, o presidente declaroulle a guerra a Alemaña.

Cando a guerra rematou, Wilson partiu a París a unha Conferencia de Paz, sendo este agardado por unha multitude que cría firmemente nel para acadar a paz.

Sen embargo, os aliados europeos querían venganza, ao que os estadounidenses responderon illándose políticamente e polo tanto rexeitando calquera acordo con París. Este feito impulsaría os conflitos durante a posguerra e o posterior comezo da Segunda Guerra Mundial.

Zweig escribe este relato atendendo ao punto de vista do presidente Wilson e as súas boas intencións a pesar do inminente fracaso. Na súa lectura pódese sentir o entusiasmo co que a xente esperaba ao presidente e a ilusión dos seus obxectivos cumpridos, que por desgraza non chegaron a ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario